EVENTOS

Xornada de presentación do proxecto Redmay aos traballadores sociais

Xornada de presentación do proxecto Redmay aos traballadores sociais e demais persoal dos concellos seleccionados para o desenvolvemento das actuacións previstas.

Santiago de Compostela (A Coruña), 6 de maio de 2019.-

Persoal técnico da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade da Consellería de Política Social realizou esta mañá a presentación aos traballadores sociais dos concellos seleccionados para a execución do proxecto RedMay das principais liñas de actuación que se desenvolverán durante os vindeiros meses no ámbito de Comunidade Autónoma, dentro do Programa Redmay, de Cooperación España-Portugal 2014-2020 .

Así pois, entre outras actuacións previstas, a Xunta de Galicia prestará distintos servizos sociais de xeito gratuíto a través dunha unidade móbil que se desprazará por distintos Concellos do rural galego

A xornada contou coas intervencións do persoal técnico colaborador que participará na prestación dos distintos servizos sociais de proximidade que explicaron polo miúdo o contido das accións e servizos que se van a desenvolver e aclararon as dúbidas e consultar realizadas polos participantes.

De acordo coa planificación prevista, a unidade móbil prestará  os seguintes servizos sociais durante un prazo de 6 meses a persoas maiores de 55 anos de residentes en concellos rurais:

  • Servizos ópticos: revisión e gradación da vista / Servizos de podoloxía: prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés
  • Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, prestados por profesionais especializados
  • Servizos de xestoría e asesoramento en diversos temas

O calendario de actuacións aprobado establece que o programa iniciará a súa andadura o vindeiro día 3 de xuño, no concello de Boimorto, e rematará a semana do 4 de novembro no concello do Valadouro.