NOSOTROS

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Fusce mollis tortor eget risus vehicula placerat. Maecenas imperdiet ex et turpis vulputate, sed feugiat ipsum porta. Pellentesque non dui in urna interdum maximus nec quis neque. Nulla sit amet sem interdum felis mattis placerat non id mauris.

Aenean maximus dignissim sem ut imperdiet. Nulla facilisi. Nunc felis mi, placerat et blandit non, malesuada sit amet sem. Integer vitae eros volutpat, tincidunt ipsum quis, ultrices mi. Vestibulum sollicitudin massa ligula, congue gravida nunc ultricies ut. Nulla facilisi. In tellus est, lobortis in sapien ac, posuere sagittis lorem.

Donec ut augue at velit iaculis vulputate quis sed ex. Fusce ut faucibus sem. Suspendisse accumsan dui quis quam aliquam lobortis.

Vestibulum blandit sagittis eleifend. Nullam et accumsan nisl, eu venenatis erat. Vivamus sit amet pharetra urna, non euismod lacus. Cras vulputate tellus non augue tristique, a pulvinar ante lacinia. Sed tempor semper suscipit. Nunc venenatis vulputate massa. In convallis erat vel porta finibus. Maecenas eget tincidunt mi.

Mail

info@bragamunicipio.po

Teléfono

A Universidade de Vigo nace en 1990 e desde entón mantén un constante crecemento e consolidación. É unha universidade con vocación de vangarda, coa excelencia como obxectivo, que está a crecer como unha referencia internacional na innovación e na investigación.

A Universidade de Vigo é unha universidade pública ao servizo da sociedade, con autonomía académica, económica e de goberno e que se sitúa ao servizo da sociedade baixo os principios da igualdade, solidariedade, democracia e liberdade.

Os nosos fins prioritarios son a consecución das máximas cotas de calidade de docencia e investigación, así como o fomento da procura de novos coñecementos e a transferencia destes á sociedade, a creación artística e o desenvolvemento científico e tecnolóxico.

A Universidade de Vigo aposta decididamente polas actividades de I+D+i, o que multiplicou a súa capacidade de obter financiamento externo a todos os niveis. Desde o ano 2008, os máis de 260 grupos de investigación cos que conta participaron nun total de 34 proxectos do Programa Marco. No que respecta a proxectos INTERREG, a UVIGO participa en 16 proxectos financiados. Tamén tomou parte con éxito noutras convocatorias con fondos europeos (COST, CIP, Life+, etc.).

Coa participación neste proxecto, a Universidade de Vigo desenvolve unha das súas misións básicas, centrada en promover e incrementar o impacto social das súas actividades de I+D+i. A través do grupo de investigación en Enxeñaría de Sistemas Telemáticos (GIST), a Universidade de Vigo achega a súa experiencia e coñecementos no desenvolvemento de aplicacións e servizos orientados á mellora da calidade de vida das persoas maiores e as persoas dependentes. Ademais, permítenos ampliar o abano de entidades coas que colaboramos, así como incrementar a nosa implicación no desenvolvemento da contorna transfronteiriza na que estamos situados.

Mail

redmay@gist.uvigo.es

Teléfono

+34 986 814 073

A Consellería de Política Social é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponde, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa Constitución española, propoñer e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito do benestar, que engloban as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de familia, menores, benestar social, inclusión social, servizos comunitarios, inmigración, atención ás persoas discapacitadas e ás persoas maiores, a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e as políticas de mocidade e voluntariado.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade como órgano de dirección da Consellería de Política Social correspóndenlle entre outras funcións, a de dirixir, impulsar, xestionar, planificar, coordinar, e supervisar o conxunto das actuacións da Consellería en materia de benestar destinadas á atención das persoas maiores, ás persoas con discapacidade e persoas dependentes.

Correspóndelle de igual forma a planificación das políticas da Dirección Xeral en materia de innovación tecnolóxica e investigación e innovación na xestión dos programas e servizos sociais, a coordinación das iniciativas de I+D+i no ámbito das TIC sociais e a supervisión da/s plataforma/s tecnolóxica/s que dean soporte a estas actividades dentro do sistema de servizos sociais.

No anterior período de programación do programa europeo POCTEP (2007-2013) esta entidade participou na presentación e aplicación do proxecto Envellecemento Activo que alcanzou melloras na eficacia da xestión de recursos a través dunha nova estrutura institucional de cooperación transfronteriza, promoveu boas prácticas en detección precoz da dependencia e experimento con novas tecnoloxías de atención a persoas maiores.
Esta nova iniciativa supón un paso máis, achegando os servizos asistenciais ao rural mediante a tecnoloxía, converténdoos en servizos de proximidade que faciliten ás persoas maiores continuar a súa vida na súa vivenda habitual.

Mail

autonomiapersoal.sxps@xunta.gal

Teléfono

+34 981 54 46 40