UNIVERSIDADE DE VIGO

ACTIVIDADE 2. CREACIÓN DE CONTORNAS AMIGABLES (HOUSING)

ACCIÓN 2.1: DEFINICIÓN DE LIÑAS ESTRATÉXICAS EN MATERIA DE HABITABILIDADE E ADAPTACIÓN DE ESTRUTURAS E SERVIZOS.

O obxectivo da Universidade de Vigo dentro da Actividade 2 é propor un definición do perfil de persoa maior de 55 anos para o contexto deste proxecto. Nel inclúese un estudo demográfico, sanitario (e.g., percepción sobre a súa saúde, uso de recursos sanitarios, principais causas de comorbilidade e principais causas de discapacidade, entre outros), económico, e finalmente social e cultural (e.g., uso de principais servizos sociais, uso de tecnoloxía e intereses no ámbito do lecer e a cultura).

Tamén se acomete unha análise a través da metodoloxía de revisións sistemáticas PRISMA[1], das principais investigacións publicadas nas principais bases de datos de interese para este ámbito (i.e., Medline, Embase, Web of Science e PsycINFO). Esta análise sistemática permitiranos identificar os principais campos de investigación durante os últimos 10 anos para as persoas maiores sobre: fraxilidade, problemas cognitivos, risco de caídas, illamento, problemas de mobilidade, dependencia, depresión, etc. Do mesmo xeito, permitiranos orientar as solucións a pilotar no presente proxecto, de acordo ás liñas de investigación identificadas en canto a monitorización, solucións de telemedicina, internet das cousas, envellecemento activo e mellora da calidade de vida en xeral das persoas maiores nos seus fogares.

Para completar este estudo, definiranse as liñas estratéxicas en materia de aplicacións e servizos TIC para garantir a permanencia nos fogares e uns niveis óptimos de autonomía por parte das persoas maiores de 55 anos, favorecendo a posibilidade de manter os seus vínculos emocionais e vitais.

[1] PRISMA: http://www.prisma-statement.org/

ACTIVIDADE 3. FOGAR DIXITAL

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE E DAS ACCIÓNS

Esta actividade oriéntase especialmente a facilitar a vida autónoma das persoas maiores, ofrecéndolles atención dentro da súa contorna habitual a través de medios tecnolóxicos que lles permitan promover un envellecemento activo e saudable e previr situacións de dependencia.

A implementación e a análise de resultados en relación a estes medios tecnolóxicos permitirá ofrecer ás administracións públicas elementos de decisión na planificación de servizos sociais destinados a persoas maiores, con especial consideración ás dificultades e desafíos que presentan as áreas rurais, e contribuír á súa sustentabilidade.

Esta actividade vaise levar a cabo mediante dúas accións específicas:

1.1        ACCIÓN 3.1. DISPOSITIVO DE MONITOREO

Esta acción diríxese fundamentalmente a desenvolver iniciativas piloto de aplicacións e servizos baseados nas TIC que favorezan a permanencia das persoas maiores nos seus fogares, utilizando as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías para apoiar o envellecemento activo.

O proxecto contará coa experiencia e o coñecemento do medio dos socios, así como coa colaboración de axentes de interese no ámbito rural na difusión e selección dunha mostra concreta de fogares nos que implementar esta acción, tentando chegar á atención 50 persoas maiores en Galicia e Norte de Portugal, cunha participación activa e seguimento permanente de persoal técnico que analice e mida o potencial de despregue destas solucións na Euro-rexión.

Baseándonos nun dispositivo familiar e de ampla aceptación entre as persoas maiores como é a televisión, seleccionaranse aplicacións e servizos interactivos que faciliten a permanencia das persoas maiores nas súas casas sen que iso implique o seu illamento. Impulsarase o envellecemento activo e promoverase a socialización daquelas persoas maiores que vivan en zonas rurais cun acceso difícil ou limitado a servizos dispoñibles en localidades máis poboadas. Así se promoverán, entre outras, aplicacións que faciliten o seguimento das actividades realizadas en centros de día, promovan a actividade física e o mantemento da reserva cognitiva ou o contacto con familiares.

Con esta acción preténdese apoiar as iniciativas innovadoras que no territorio oriéntanse, actualmente, a promover  aplicacións e servizos tecnolóxicos destinados á promoción do envellecemento activo entre as persoas maiores do ámbito rural e favorecer, tamén, que nestes territorios póidase producir un retorno de tipo económico, unha vez que esta experiencia piloto puidese demostrar a súa eficacia e capacidade de responder ás necesidades das persoas maiores nos territorios rurais.

Esta acción iniciarase no segundo trimestre de 2018 e finalizará no cuarto trimestre de 2019. Será responsable da súa execución a Universidade de Vigo (B2), que contará coa participación activa de todos os demais beneficiarios na selección de participantes, a coordinación, o seguimento e a avaliación.

1.2        ACCIÓN 3.2. CENTRO DE ATENCIÓN REMOTO- Iniciativas piloto de seguridade pasiva.

Unha das áreas nas que é importante traballar para que as persoas maiores atópense activas nos seus fogares é lograr que sintan seguras. Este é o enfoque específico desta segunda acción dentro da Actividade 3: a seguridade pasiva.

Na actualidade xa se dispoñen de diversas solucións comerciais e amplamente validadas no ámbito da domótica dirixidas á detección de fumes, inundacións, escapes de gas, etc. No marco deste proxecto estudaremos a viabilidade e o impacto dunha solución innovadora e non invasiva orientada á detección de risco severo para a saúde da persoa, por exemplo accidentes cardiovasculares ou paradas respiratorias. Dado o perfil das persoas ás que se destina esta acción evitarase a utilización de calquera dispositivo que requira ser portado ou vestido maximizando as posibilidades dun funcionamento eficiente e o grao de innovación desta acción.

Será fundamental a implicación de diferentes axentes de interese no ámbito rural na difusión e selección dunha mostra concreta de fogares nos que estudar a viabilidade esta nova tecnoloxía de vixilancia non invasiva. Unha vez seleccionados os fogares, implantarase o dispositivo en cada un deles durante un período de tempo suficiente para obter información que permita analizar e medir o potencial de implementación nesta nova solución innovadora. Ademais, desenvolverase unha aplicación para dispositivos móbiles que permita a vixilancia ou supervisión do maior no seu fogar coa colaboración dos seus familiares ou do persoal que lles proporciona atención. A experiencia de familiares e coidadores tamén se terá en conta nesta análise.

Esta acción iniciarase no segundo trimestre de 2018 e finalizará no cuarto trimestre de 2019. Será responsable da súa execución a Universidade de Vigo (B2), que contará coa participación activa de todos os demais beneficiarios na selección dos fogares participantes, a coordinación, o seguimento e a avaliación.

Data de inicio da actividade:                            1 de abril  de 2018

Data de finalización da actividade: 31 de decembro de 2019